O Partido Popular apoia que Redondela teña comisaría propia

Publicado por o día 11/10/2019 na sección de Galicia,Redondela

O Partido Popular apoia que Redondela teña comisaría propia

No día de hoxe a número uno ao Congreso pola provincia de Pontevedra María Ramallo reuniuse coa plataforma cidadá de Redondela que reclama unha comisaría propia para a súa cidade.
 

A reclamación do pobo de Redondela é xusta

 
Nesta reunión á que tamén acudiu a portavoz municipal popular Carmen Amoedo, a señora Ramallo entendeu que as reclamacións da plataforma son xustas, e expresou o seu compromiso de investir unha tendencia, na que se priorice a fidelización do persoal, e que se manteñan tanto os axentes como os servizos que se prestaban en Redondela.
 
O Partido Popular destaca a importancia de apoiar a plataforma que pide a comisaría para Redondela
 
Carmen Amoedo destacou a importancia de apoiar a plataforma cidadá que reclama a comisaría para Redondela, a cuarta poboación da provincia de Pontevedra, e que queren que Redondela volva contar cos mesmos axentes que tiñan antes.
 

A portavoz popular manifesta o desexo de que Redondela volva contar cos mesmos axentes que tiña antes

 
Carmen Amoedo manifestou abertamente “Queremos contar cos mesmos efectivos e servizos que había antes, persoas que coñecían perfectamente o noso territorio e que cando había unha chamada xa estaban en Redondela”.
 
Álvaro Bastos en representación da plataforma cidadá agradeceu o apoio e implicación do Partido Popular, e pediu que devolvan a Redondela aos 12 policías nacionais que levaron para a comisaría de Vigo e que á comisaría de Redondela volva ter os 30 policías coa que foi creada nos seus inicios.
 

Non se van a deter ata que Redondela teña a súa Comisaría

 
Desde a plataforma deixan constancia de que non van cesar os seus actos ata Redondela teña unha comisaría independente de Vigo con persoal propio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.