Quixós segundo e Fluvial o Barco tercero na copa de España de decenso

Os deportistas do Club Quixós e Fluvial O Barco brillaron na proba celebrada na Seu d´Urgell esta fin de semana.
Por o 08/04/2019 | Sección: Deportes,Piragüismo
Quixós segundo e Fluvial o Barco tercero na copa de España de decenso
Esta fin de semana disputouse na Canle Olímpic do Segre na Seu d´ Urgell (Lleida) a primeira Copa de España de Descenso de Augas Bravas, a competición constaba de dous días de competición coas probas da copa clásica o sábado e de sprint o domingo.
 
Ao termo dos dous días de competición o Club Montaña Quixós conseguía a segunda posición na clasificación xeral de clubs, na que levou a vitoria o Club Sícoris, a terceira posición foi para o Club Fluvial O Barco.
 
Os resultados máis destacados para os deportistas galegos foron as medallas de prata para Jesús Rodríguez en K1 senior e Manuel Freire en C1, ambos os padeeiros do Fluvial O Barco. Mentres que na categoría xuvenil Nicolás Díaz do Quixós fíxose co ouro en K1.

Comentar noticia

Your email address will not be published.