R renova o seu acordo co Círculo de Empresarios de Galicia para avanzar en innovación e adaptación á era dixital

Na s√ļa aposta permanente polas empresas, R prosegue a s√ļa colaboraci√≥n co C√≠rculo de Empresarios de Galicia mediante actividades de valor engadido para o sector
Publicado por o d√≠a 15/11/2019 na sección de A Coru√Īa,Galicia

R renova o seu acordo co Círculo de Empresarios de Galicia para avanzar en innovación e adaptación á era dixital

Patricia Garc√≠a Gonz√°lez, presidenta do C√≠rculo de Empresarios de Galicia, e Isidro Fern√°ndez De la Calle, director de Empresas de R e do Grupo Euskaltel -do que R forma parte- asinaron esta ma√Ī√°, na sede do operador galego na Coru√Īa, a renovaci√≥n do acordo de colaboraci√≥n entre ambas as d√ļas entidades.

Con este novo convenio, R e o C√≠rculo ratifican o seu compromiso con Galicia e a s√ļa confianza mutua dando continuidade √°s v√≠as de colaboraci√≥n xa abertas para potenciar conxuntamente iniciativas que xeren valor no tecido empresarial galego e favorezan o desenvolvemento econ√≥mico da comunidade.

Encontros e xornadas, innovación e transformación

R e C√≠rculo por√°n en marcha un ciclo de almorzos R, encontros dirixidos ao tecido empresarial de Galicia -empresarias/os e executivas/os- e conducidos por un convidado referente na s√ļa actividade. Este experto compartir√° a s√ļa experiencia e co√Īecemento co auditorio para tentar mellorar o modelo de negocio das empresas e facilitar a s√ļa adaptaci√≥n aos cambios no mundo dixital e tecnol√≥xico.

O programa do ciclo centrarase en materias clave da innovación e a transformación dixital que figuran na axenda estratéxica da maioría das empresas a día de hoxe: realidade virtual e aumentada, chatbots, IoT, intelixencia artificial, Big Data, blockchain ou ciberseguridade, entre outras.

R participa, asemade, noutra serie de xornadas dedicadas aos principais retos e tendencias da econom√≠a, os mercados globais e outros contidos programados polo C√≠rculo para achegar temas considerados de proxecci√≥n na actualidade. Baixo o t√≠tulo Acercando el futuro e no contexto temporal da contorna econ√≥mica de hoxe pero tam√©n do ma√Ī√° exporanse preguntas como ‚Äėcara a onde nos diriximos?‚Äô ou ‚Äėcales son os principais desaf√≠os econ√≥micos que se nos presentan a nivel internacional?‚Äô

Café para emprendedores e máis cousas

No mesmo contexto deste novo convenio con R tam√©n ao C√≠rculo daralle m√°is percorrido √° s√ļa iniciativa Start up caf√©, ‚Äėconectando ecosistemas‚Äô, un programa de actividades relacionado coa contorna do emprendemento e o investimento no que participan como convidados emprendedores exitosos. Eles ter√°n oportunidade de compartir a s√ļa historia e as claves do seu √©xito; e contar√°n o que a eles lles ter√≠a gustado saber -pero non lles contaron- antes de iniciar a s√ļa aventura emprendedora. A idea √© habilitar e compartir un espazo onde inspirarse para crear algo novo, discutindo ideas xeniais con xente interesante nun ambiente relaxado.

Por √ļltimo, R patrocinar√° tam√©n unha sesi√≥n do programa Encontros Enc√≠rculo, acci√≥ns continuadas dun programa de actividades onde o C√≠rculo √© o punto de referencia. Neste caso, o t√≠tulo da xornada ser√° Mapa ecosistema emprendimiento #en_construcci√≥n: tras un exercicio de an√°lise organizarase un foro de discusi√≥n e colaboraci√≥n coa idea de coordinar ese ecosistema favorable ao desenvolvemento de novas empresas en Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.