12/04 – Rafael Amargo no Auditorio Mar de Vigo

Publicado por o día 09/04/2014 na sección de Eventos

12/04 – Rafael Amargo no Auditorio Mar de Vigo

 O bailarín e coreógrafo Rafael Amargo presentará no Auditorio Mar de Vigo, o próximo 12 de abril ás 21.00 h, o seu novo espectáculo, titulado Eclectic Human, unha montaxe chea de forza na que a súa compañía e músicos estarán arroupados por Laura Llauder e os Nenos do Pelouro. As entradas están á venda en www.servinova.com, na billeteira telefónica no 902 504 500, na Central de Espectáculos de Vigo, nos despachos de billetes dos centros socioculturais da Fundación Novacaixagalicia da Coruña, Ourense e Santiago de Compostela, e mais na billeteira do Auditorio Mar de Vigo desde dúas horas antes do espectáculo.