Rafinha: “Sei que aquí serei feliz e poderei sacar o mellor de min”

Publicado por o día 06/09/2019 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

Rafinha: “Sei que aquí serei feliz e poderei sacar o mellor de min”

Rafinha Alcántara volve vestir a celeste. O centrocampista, que xa defendeu o escudo do RC Celta na 2013/14, presentouse no estadio Abanca Balaídos como a última fichaxe para a nova tempada no día de onte. Acompañado por María José Táboas, conselleira do club, e Mario Bermejo, membro da secretaría técnica, o talentoso futbolista transmitiu en todo momento felicidade polo seu regreso a Vigo: “Aquí se que vou ser feliz e que poderei sacar o mellor de min como futbolista”, declarou o futbolista na súa rolda de prensa de presentación.

Sobre o grupo de canteiráns e celtistas que se construíu no vestiario celeste para a nova campaña, Rafinha declarou que “é ilusionante para a afección ter xente de casa, xogadores novos e con moitísimo talento”. Tras a súa comparecencia ante os medios de comunicación, o mediocampista vestiuse de curto e reencontrouse coa afección no céspede de Abanca Balaídos. Os celtistas que asistiron ao acto de presentación gozaron das respostas de Rafinha a preguntas da afección recollidas en redes sociais polo club e algúns afortunados lograron levar un dos balóns asinados que o futbolista lanzou á bancada.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.