Rana Plaza está en todas partes

Publicado por o 20/04/2017
Rana Plaza está en todas partes

A Marcha Mundial das Mulleres, como cada ano, o 24 de Abril, facemos unha acción de rúa para lembrar e denunciar a masacre de Rana Plaza en Bangladesh, acontecida no ano 2013. Nesta data resultaron feridas e mortas máis de 1000 mulleres ao se derrubar o edificio onde amoreadas, en condiciones inhumanas e a cambio dun salario inmoral, traballaban para marcas occidentais tales coma Benetton, The Children’s Place, DressBarn, Mango, Monsoon e Primark, así como para empresas de distribución coma El Corte Inglés.

Na industria textil hai miles de Rana Plaza. As empresas priman cada vez máis o beneficio ilimitado a costa dos dereitos humáns. Na Galiza, Inditex é un claro exemplo, que deslocaliza empresas en territorio galego para establecelas en países nos que exerce a explotación e expolio d@s traballador@s sen prácticamente barreiras.

A cobiza que se impón como lema deste sistema capitalista, non pode ser a norma que dirixa o mundo. A Marcha Mundial das Mulleres rebélase contra este mercado inmoral e criminal e para isto, todos os 24 de abril facemos esta conmemoración, xa que Rana Plaza está en todas partes.

A acción/performance farase en Vigo, o día 24 de abril ás 19:30h, na rúa Eduardo Iglesias. Agardamos que sexa do interese do seu medio e que nos axude a publicitar o acto. Así mesmo, agradecemos a súa presenza para cubrir a noticia.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá