Raquel Bernárdez Rodal elexida nova coordinadora da área da Muller de Esquerda Unida

Publicado por o día 18/11/2017 na sección de Esquerda Unida,Galicia,Política

Raquel Bernárdez Rodal elexida nova coordinadora da área da Muller de Esquerda Unida

O plenario nacional da área da Muller de Esquerda Unida reuniuse en Compostela onde vén de elexir a Raquel Bernárdez Rodal como coordinadora nacional.

“Á área da Muller é un espazo de participación de mulleres militantes e simpatizantes,  un espazo de debate e elaboración colectiva de políticas feministas como ferramenta transversal e como cuestión imprescindible para acadar calquera cambio social e político en prol da igualdade” manifesta Raquel Bernárdez.

A diario comprobamos como a violencia machista segue a golpearnos máis duro. Tamén a violencia institucional, a que se exerce contra as mulleres a través dos recortes orzamentarios, a fenda salarial, ou mediante campañas que mostran unha imaxe discriminatoria e cosificada da muller, toda unha estratexia que fortalece a desigualdade e as violencias machistas.

“Dende Esquerda Unida consideramos prioritario o traballo da área da Muller co fin de impulsar políticas realmente feministas, transformadoras e de esquerdas co fin de acadar unha igualdade real” manifestou a nova coordinadora da área da Muller.