Re-pensando Atención Primaria e un paso adiante | Capitulo 2: Fidelizar aos médicos novos en AP.

Por o 10/01/2019 | Sección: Sanidad
Re-pensando Atención Primaria e un paso adiante | Capitulo 2: Fidelizar aos médicos novos en AP.

Estamos vivindo nos centros de saúde, entre os profesionais, na sociedade, un intenso debate sobre onde está Atención Primaria, a onde vai se seguimos así e a onde queremos que vaia.

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria preparou unha enquisa anónima cos puntos básicos propostos na reunión de Médicos de Atención Primaria da Área de Vigo, e reguntamos, para cada un deles, qué actuacións preciasaremos para mellorar. Difundíuse en redes sociais entre 22/12/2018 e 30/12/2018. A pesares de ser un momento complicado para a
participación, pola intensidade de actividades tanto no traballo como no ocio durante estes días, recibíronse 298 contestacións.

Despois da lectura de todas as respostas por dúas persoas con actividade investigadora, en cada un dos temas, seleccionáronse palabras clave ou códigos que mellor puidesen estruturar a análise. Así, os aspectos con máis volume ou intensidade de referencias por tema foron:

Capitulo 2 Fidelizar aos novos médicos en AP: Contratos, salarios, carreira profesional, xestión de xubilacións.

1. Contratos

 Tipos, propostas diversas: Contrato estable, mínimo un ano prorrogable con todos os dereitos, indefinido, con limitación xeográfica (SAP, comarca…), de alta continuada con retribución
fixa máis complementos en relación á actividade realizada. Contrato de adxunto a residente de último ano con continuidade, contratos de PAC ao terminar a residencia para posteriormente
pasar a SAP.
 Calidade: número de horas máximo en SAP e PAC. Dereito á libranza de gardas.

2. Cobertura de vacantes: por OPE ou, mentres tanto, con interinidades.

3. Salarios.

 Mellora no salario base.
 Aumento salarial, equiparación a FEA de todos os profesionais médicos, PAC, 061.
 Aumento do precio do traballo extra (prolongacións, intersustitucións, PAC, voluntariedade).
 Aumento da retribución por nocturnidade, turnicidade, etc.

4. Carreira Profesional por méritos independentemente do tipo de contrato.
Avaliación que favoreza a docencia, investigación e o traballocomunitario.

5. Xestión de xubilacións. Oferta de xornadas reducidas aos maiores de 65 anos, con posibilidade de tutorización a estudantes ou MIR, vantaxes fiscais.

(Citas textuales)
▫ Plan de reposición con contratos estables de las próximas jubilaciones realizado con tiempo y con datos reales de necesidad de cobertura.
▫ Ofrecer cierta estabilidad para que sea atractivo quedarse en primaria, para poder desarrollar su vida con normalidad, sin calendarios extenuantes en fechas clave y sin seguridad el resto del tiempo
▫ Contrato anual de alta en la SS con mismos derechos laborales que personal indefinido No al maltrato que lleva a su fuga con ceses de contrato los fines de semana
▫ Mejorar sueldo base también imprescindible, ya poca diferencia al salario mínimo!!
▫ Sacar todas las plazas a oposición cada año
▫ Contrato que vincule al médico con uno o varios centros (dependiendo del tamaño de estos) o PACs para cubrir ausencias o atender demandas urgentes en caso de que no haya que sustituir a nadie. Derecho a vacaciones y LDs. Sería un miembro (de apoyo) integrado en el equipo.

Mañá capitulo 3 Resolver a problemática do acceso dos pacientes ó hospital

Comentar noticia

Your email address will not be published.