Reacción de En Marea á iniciativa do PPdeG de abrir unha comisión de investigación das caixas galegas

En Marea esíxelle á Xunta toda a información e que non bloquee a comisión de investigación sobre as Caixas de aforro galegas.
Publicado por o día 06/11/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

Reacción de En Marea á iniciativa do PPdeG de abrir unha comisión de investigación das caixas galegas

En Marea celebra que despois de tres anos de bloqueo do Grupo Parlamentario Popular ao traballo da Comisión de Investigación sobre as caixas de aforro galegas, e despois de negarlle á oposición información, comparecencias e documentación trascendente,  o PPdeG anuncie a intención de reabrir dita Comisión no Parlamento de Galicia.

Tralo anuncio lanzado onte en sede parlamentaria por Pedro Puy e lembrando as palabras de Feijóo, que no transcurso do  debate de Estado da Autonomía de 2014 afirmou que a Comisión se reabriría no caso de que houbera información nova e trascendente que achegar, solicitamos que nesta ocasión si se ofrezan os documentos bloqueados na pasada lexislatura, como a carta de encargo da Xunta de Galicia á auditora KPMG, os informes dos técnicos de Facenda sobre a fusión, toda a documentación dispoñible sobre o proceso de venta de Novagalicia Banco e, moi especialmente, todos os informes e documentos que estaban enriba da mesa do concello da Xunta de 18 de novembro de 2010, no que se autorizou a fusión de Caixa Galicia e Caixanova.


“Se o goberno da Xunta de Galicia segue a negar esta información chave, para esclarecer un proceso que rematou nun auténtico expolio do aforro de moitos galegos e galegas, quedará claro unha vez máis a intención de controlar a Comisión para evitar que se determinen os responsables políticos de este roubo”, sinala o vicevoceiro Anton Sánchez. E engade que “denden En Marea esixirémoslle tamén ao señor Feijoo unha explicación do por qué durante tres anos se mantivo paralizada  a Comisión de Investigación e se agarde a que pasen as eleccións para anunciar a reapertura.”