Recantos do programa Luar na TVG. O mozo será o representante do recanto de Vigo o cal comprende as zonas de Vigo, Baiona, Mos, Pazos de Borbén, Porriño, entre outras.
Con 17 anos Samuel comeza a súa andaina no mundo da música, máis concretamente na verbena, formando parte de varias orquestras e grupos por exemplo Alcázar, Galin, Imperio, Fama e, actualmente, Orquestra Paraíso. Para el foi un gran logro o poder dedicarse a unha das súas grandes paixóns, o canto.
Tras varios anos loitando por un soño e formándose para conseguilo , participou en espectáculos benéficos a favor de asociacións da zona ademais de pequenos musicais como “DIVAS”.
Actualmente está envorcado exclusivamente con este novo reto que, como artista, preséntalle o coñecido programa de Luar. O venres 12 de outubro ás 22:00 será a súa primeira posta en escena tras o comezo do concurso.
Noticias de última hora en Vigo