Recepción ao novo cónsul de Chile para o sur de Galiza

Publicado por o día 19/05/2017 na sección de Galicia,Pontevedra,Vigo

Recepción ao novo cónsul de Chile para o sur de Galiza

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu a mañá de onte ao novo cónsul honorario de Chile en Vigo, Manuel Dopico Gómez-Aller nunha visita de carácter institucional que fixo ao Concello de Pontevedra. O novo cónsul explicou ao alcalde o seu interese en manter este encontro con Pontevedra, dado que esta institución é a referente para os cidadáns chilenos residentes no sur de Galiza.

Explicoulles que os chilenos residentes en Pontevedra poderán presentar a súa documentación na oficina do novo consulado, situada na rúa República Argentina, 27 5ºI, xa que o cónsul remitirá a documentación pertinente ao consulado de Madrid. Tamén ten o encargo -de parte da embaixada- de favorecer as relacións institucionais, culturais e comerciais entre ambos países, polo que o novo cónsul tamén está interesado en manter encontros con empresarios da cidade para tratar de afianzar os lazos comerciais.