Recepción oficial ao Leis que disputa dende mañá o play-off de ascenso

Publicado por o día 17/07/2020 na sección de Galicia,Pontevedra

Recepción oficial ao Leis que disputa dende mañá o play-off de ascenso

O Concello de Pontevedra fixo esta mañá unha recepción oficial ao Leis Pontevedra F.S. no Teatro Principal con motivo da súa inscrición nos play-off de ascenso á Segunda División que se celebrarán a partir de mañá, 18 de xullo, en Benavente. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández recibiron ao presidente, ao equipo técnico e aos xogadores para trasladarlles os parabéns da cidade e moitos ánimos.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores destacou o labor da dirección do club “porque son xente seria que están facendo un traballo excelente con contención do gasto e aproveitamento da canteira”. Ademais, animou aos xogadores a dar “todo o que se ten, se vós competides dignamente e co máximo esforzo, poderase conseguir a vitoria”.

O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, destacou que “o feito de ter quedado segundos e de ter a posibilidade de loitar polo ascenso nunha tempada tan atípica é un mérito”. Agradeceu o esforzo do equipo e destacou a importancia de que “sodes uns embaixadores transmitindo a filosofía desta cidade”, cun modelo saudábel, e polo tanto, deportivo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.