Rechazadas as emendas do BNG de Mos aos orzamentos Xunta 2018

O PP de Mos volve a demostrar a súa nula capacidade de presión ante Feijoo para sacar adiante melloras para o noso concello.
Por o 04/01/2018 | Sección: BNG,Galicia,Mos,Política
Rechazadas as emendas do BNG de Mos aos orzamentos Xunta 2018

O BNG de Mos presentaron un conxunto de emendas aos orzamentos da Xunta do 2018. Emendas que o Bng considera moi importantes e necesarias cara a mellora da calidade de vida d@s cidadáns do noso Concello, como por exemplo a necesidade de ter un servizo de fisioterapia no Centro de Saúde ou a rexeneración das zonas afectadas polo lume en Mos, cun plan de reforestación con especies autóctonas e medidas preventivas fronte os incendios.

As emendas que presentamos e foron rexeitadas polo PP no parlamento galego foron as seguintes:

1. Dotar do servizo de fisioterapeuta o Centro de Saúde. Un servizo reclamado en diversas ocasións e que o PP sempre lle negou a Mos.

2. Ampliación a xornada completa da Matrona, na actualidade a matrona traballa media xornada.

3. Ampliación a 3 días a semana da Traballadora Social do Centro de Saúde, pois na actualidade so fai traballo en Mos un día a semana o estar compartida con Porriño e Salceda de Caselas.

4. Recuperación do Castro de Torroso: este asunto forma parte do noso programa electoral nas últimas municipais, e consideramos necesaria a implicación plena da Xunta na posta en valor e a musealización deste castro

5. Remate da obra do vial entre Pereiras e Tameiga: obra que quedou a medias, e que é necesario o seu remate, pasando a asumir a titularidade a Xunta de Galiza.

6. Plan integral de recuperación das zonas afectadas polo lume. Desde o cal facilitar a reforestación con especies autóctonas, a recuperación de superficie queimada e o desenvolvemento de accións preventivas contra o lume.

Estas emendas cremos firmemente que son imprescindibles levalas a cabo, pero logo do debate de orzamentos no parlamento vese que para o PP non é importante Mos, e iso, sumado a que Nidia e o seu goberno non fan ningún tipo de presión na Xunta ante cousas tan importantes como é a saúde d@s veciñ@s, trae consigo que entre outras cousas, o noso centro de saúde sexa de “terceira división” . Ou sexa, o de sempre, moito fume, moita festa e moita foto pero a casa sen varrer.

Outra cuestión sobre a deixadez absoluta por parte do PP sobre o Centro de Saúde é que desde o concello se fixeron os trámites para que éste fose transferido á Xunta, deixando así de facerse cargo dos custes de mantemento e limpeza do mesmo, pero logo dun ano seguimos a espera de que se produza a recepción do mesmo por parte do goberno do Sr. Feijoo, máis preocupado en desmontar a sanidade publica co recorte de persoal no servizo de pediatría do centro de saúde, como veñen de denunciar usuari@s do mesmo nalgúns medios de comunicación.