Recibimento no concello de Cangas a alumnos italianos e galegos de intercambio

Por o 13/04/2018 | Sección: Cangas,Galicia
Recibimento no concello de Cangas a alumnos italianos e galegos de intercambio

O alcalde, Xosé Manuel Pazos, o concelleiro de Xuventude e Voluntariado, Andrés Bastón, e o concelleiro de Ensino e Deporte, Xoán C. Chillón, recibiron no día de hoxe aos 55 alumnos e alumnas de Bacharelato que forman parte dun programa de intercambio entre o instituto María Soliño e o Liceo de Schio-Vicenza.

O alumnado italiano chegou a esta vila o pasado mércores e pasará aquí unha semana, días que aproveitarán para visitar os lugares emblemáticos de Galicia. Foi no mes de outubro cando os mozos e mozas de María Soliño visitaron o país italiano.

Todas as autoridades políticas quixeron trasladarlle ao estudantado o mellor dos seus desexos para que aproveiten esta opurtunidade que favorece a interculturalidade.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.