Recollida de sinaturas en defensa da filosofía no ensino

Publicado por o día 15/06/2017 na sección de BNG,Educación,Política,Vigo

Recollida de sinaturas en defensa da filosofía no ensino

A ex-deputada do BNG e profesora do IES Politécnico, Carme Adán, xunto a outros profesores e profesoras de diversos centros educativos, está impulsando unha campaña de recollida de sinaturas en apoio da asignatura de filosofía no ensino.

O obxectivo desta campaña consiste en acadar as 2.500 sinaturas necesarias para que a iniciativa popular en defensa da filosofía sexa tramitada como Proposición Non de Lei no Parlamento galego. En primeiro lugar a proposta insta á Consellería de Educación a “realizar as adaptacións necesarias para incluír na oferta educativa do Bacharelato a obligatorieadade da Historia da Filosofía como materia troncal”.

Asemade, a proposición insta ao Ministerio de Educación “a propiciar nos traballos para o denominado Pacto educativo un debate en profundidade sobre a situación da Filosofía no sistema educativo e a necesidade da súa pervivencia”.

Á recollida de sinaturas que terá lugar mañá están convidados os representantes dos diferentes partidos políticos, xa que todos eles teñen manifestado o seu respaldo a esta iniciativa.

Una respuesta para "Recollida de sinaturas en defensa da filosofía no ensino"