Recoñecemento aos mellores centros de saúde en vacinación contra a gripe

A Xerencia da área sanitaria de Vigo entregou diplomas a tres centros de saúde que destacaron sobre os demais durante o proceso de vacinación da pasada campaña
Publicado por o día 26/11/2018 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Recoñecemento aos mellores centros de saúde en vacinación contra a gripe

A Xerencia da área sanitaria de Vigo vén de recoñecer a tres centros de saúde que destacaron na pasada campaña de vacinación da gripe, tanto pola xestión como polo seu traballo activo para que as vacinas chegasen ao maior número de usuarios da súa poboación de referencia.

Os equipos destes centros de saúde recibiron da Xerencia un diploma que lles acredita como os mellores durante o pasado ano no proceso de vacinación desde Atención Primaria.

Para a elección dos devanditos centros tivéronse en conta tanto o número de vacinas administradas como a xestión de todo o proceso, así como a aqueles profesionais que lograron unha maior taxa de vacinación dentro do seu cupo.

Os centros de saúde de Taboada Leal, Matamá e Sárdoma fixéronse acredores dos diplomas que lles recoñece, a cada un deles, como os mellores en cada unha das facetas que a Xerencia considerou máis significativa na implicación da campaña.

As distincións

O Centro de Saúde Taboada Leal foi distinguido como o que mellor xestionou a campaña anterior, ao atoparse entre os dez mellores en varios dos obxectivos que se fixaron para a vacinación: uso de vacinas, chamadas telefónicas aos pacientes do seu cupo maiores de 65 anos (os considerados como poboación diana), xestión das doses empregadas e correcto rexistro das persoas vacinadas.

Centro de Saúde Matamá

O Centro de Saúde de Matamá foi recoñecido como o mellor na cobertura da súa poboación diana. Isto significa que obtivo a maior porcentaxe de poboación vacinada respecto ao cupo asistencial que lle corresponde. Chegou a vacinar ao 63% da mencionada poboación.

Centro de Saúde de Sárdoma

Para o Centro de Saúde de Sárdoma foi o diploma, personalizado, que recoñece ao mellor equipo de médico e enfermeiro en canto á taxa de vacinación respecto ás tarxetas Centro de Saúde Matamá Centro de Saúde de Sárdoma sanitarias que teñen adscritas. En concreto, recibiron os diplomas o facultativo Fernando Lago e o enfermeiro Moncho Velhas. Conseguiron vacinar ao 74% da súa cota de pacientes.

O xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, agradeceu o compromiso mostrado polos profesionais destes centros de saúde e animoulles a “seguir cos bos resultados obtidos durante a presente campaña de vacinación”.

Ata o 28 de decembro

A actual campaña de vacinación contra a gripe manterase aberta ata o próximo 28 dedecembro.

O Servizo Galego de Saúde mantén a recomendación de que acudan a vacinarse todas aquelas persoas que se atopan entre os grupos de risco. Principalmente os maiores de 65 anos, así como aqueles con problemas respiratorios.