Recortes Cero en apoio ao pobo e o goberno grego

Publicado por o día 03/07/2015 na sección de Política,Recortes Cero

Recortes Cero en apoio ao pobo e o goberno grego
Desde Recortes Cero queremos contribuír na medida das nosas forzas na campaña de apoio a Grecia. O pobo grego encabezado polo goberno de Syriza está dando unha batalla contra o Fondo Monetario Internacional e a UE encabezados por Estados Unidos e Alemania, os mesmos que levan contra o pobo español o seu proxecto de intervención e saqueo. Están dando unha batalla mantendo unha posición firme de defender a súa soberanía, e con gran intelixencia, flexibilidad e apoiándose nas masas coa convocatoria dun referendo que etá poñendo en xaque ás grandes potencias.Syriza ademais ten unha liña coincidente con Recortes Cero na súa forma de coalición de organizacións e sobre todo en fixar con claridade como centro do seu programa a redistribución da riqueza e a defensa da soberanía nacional fronte a quedarse na denuncia das castas e os corruptos.

Nesta semana que estamos a pechar Recortes Cero acudimos a varias concentracións de apoio en Madrid, Valencia e Barcelona e hoxe en Vigo. Pero ademais diso imos promover  o apoio ao pobo grego e a batalla que está librando, neste eido este domingo, 5 de xulio, organizaremos en  20 provincias, simultáneamente, mesas de Recortes Cero de Apoio a Grecia as que recollamos un “libro?” con firmas, dedicatorias, poesías e mensaxes para o pobo grego de apoio que logo  faremo chegar á embaixada grega .

 En Vigo esta mesa estará a partir das 11 da mañ,a en Bouzas, no seu “mercadillo” dominical.
PRENSA RECORTES CERO