Recortes Cero- Grupo Verde organiza un debate sobre a defensa dos dereitos das mulleres

Publicado por o día 14/09/2016 na sección de Eleccións Galegas,Recortes Cero,Vigo

Recortes Cero- Grupo Verde organiza un debate sobre a defensa dos dereitos das  mulleres

Este mércores 14 de setembro ás 19 horas no Marco (r/ Príncipe) a candidata á Presidencia da Xunta de Recortes Cero – Grupo Verde, Pastora Fernández, participará nun debate xunto a outras candidatas de Recortes Cero – Grupo Verde, profesionais e activistas, ao redor dos principais retos aos que se enfrontan as mulleres para avanzar na defensa dos seus dereitos.

As mulleres en Galicia son o 51,8% da poboación, pero sofren, non só as consecuencias dos recortes, o empobrecimiento e a precariedade, senón a desigualdade e a violencia de xénero.

As galegas cobran un 24% menos que os homes. Triplican aos homes nos tramos de salarios máis baixos e son as mais prexudicadas polos contratos parciais e temporais. O 63% de traballadores que cobran menos de 1.000 euros son mulleres. Recortes Cero – Grupo Verde propón medidas que acabarían coa desigualdade salarial, pechando esa histórica brecha salarial.

As xubiladas galegas cobran un 38% menos que os homes, destacando especialmente o colectivo das pensións de viuvez. Discriminación de xénero baseada en traballos peor remunerados e menos anos cotizados, dominantemente por atender á familia. Nesta dirección actúa o complemento autonómico de pensións que propón Recortes Cero – Grupo Verde.

No debate abordarase tamén a necesidade dun acordo no Paralamento galego para erradicar a violencia machista.

O debate desenvolverase contando coa participación do público, de todos aqueles cidadáns e cidadás que se acheguen e queiran facelo.