Recortes Cero-Grupo Verde presenta a súa candidatura en Galicia

Por o 03/09/2016 | Sección: Política,Recortes Cero,Vigo
Recortes Cero-Grupo Verde presenta a súa candidatura en Galicia

O pasado 2 de setembro, no Hotel Xelmirez de Santiago de Compostela, tivo lugar a presentación da candidatura de Recortes Cero-Grupo Verde para as próximas eleccións galegas.

Abriu a presentación a moza Estefanía Pérez, cabeza de lista por Lugo. “Quérovos contar algunhas cousas sobre que tipo de candidatura confeccionamos aquí en Galicia, porque creo que iso -como elaboramos as listas electorais- di moito de quen somos Recortes Cero”, dixo Pérez. “Buscamos que as nosas listas sexan representativas da fronte ampla de unidade que é necesario, en Galicia e en toda España, para loitar contra os recortes. Que estean representadas distintas sensibilidades, distintos sectores sociais e colectivos de loita. Que representen a unidade e a pluralidade que caracterizan a Recortes Cero”..

Estefanía Pérez destacou tamén como nas candidaturas de Recortes Cero-Grupo Verde “hai representantes de toda Galicia, desde A Coruña, Santiago de Compostela, Narón, Ames, Teo, Melide, Irixoa e Laracha, a Vigo, Pontevedra, Villagarcía, Redondela, Lalín, Porriño, Nigrán, Gondomar e Lugo e Ourense, así como compoñentes de distintas organizacións, colectivos e sectores profesionais, desde Os Verdes a Unificación Comunista de España, desde membros do Movemento Rural Cristián á Presidenta de SOS Bebés Roubados da Coruña, Estrella Vázquez”.

Seguidamente interviñeron Pastora Fernández, candidata á Presidencia da Xunta, e cabeza de lista por Pontevedra, xunto a Sara Puga, cabeza de lista por A Coruña. Ambas desenvolveron os eixes do programa de Recortes Cero-Grupo Verde para estes comicios autonómicos, e sobretodo o que é o leitmotiv desta formación: a redistribución da riqueza.

Pastora Fernández, fiel ao estilo de Recortes Cero, deu abundantes cifras acerca dos recortes en Galicia. “Os galegos producimos 55.700 millóns de euros de riqueza cada ano. Pero a política de austeridad e recortes dictada desde o FMI e Bruxelas e executada polos gobernos de Rajoy en España e de Feijoo en Galicia, potencia unha insultante concentración e riqueza cada vez en menos mans. Isto é o primeiro que ten que cambiar en Galicia”.

Fernández denunciou o fondo abismo social galego: “Galicia é a quinta comunidade con máis ricos, segundo os datos da Axencia Tributaria. Pero os galegos ocupamos os últimos lugares por salarios e pensións e hai case 230.000 galegos sen emprego”. Para darlle a volta a isto -insistiu a candidata a presidir a Xunta- “é imprescindible e urxente redistribuir a riqueza”.

”Redistribuir a riqueza non ten nada que ver con medidas paliativas da pobreza ou dos recortes, como propoñen outras candidaturas”, sinalou Fernández. “Redistribuir a riqueza é poñer os enormes recursos de que dispón Galicia e os multimillonarios beneficios que hoxe goza unha ínfima minoría ao servizo do desenvolvemento da economía galega, cambiando o modelo produtivo, creando riqueza e emprego sostenible e de calidade ao servizo das necesidades dos cidadáns.”

Para poder facer isto “é imprescindible recuperar o diñeiro que nos quitaron aos cidadáns. Recortes Cero-Grupo Verde queremos crear en Galicia un Fondo Especial de Fomento do Emprego de 5.000 millóns de euros, para crear 100.000 novos empregos, produtivos, de calidade, sostenibles e con dereitos, aportado polas entidades financeiras que operan en Galicia e beneficiáronse do rescate financeiro con diñeiro público: Abanca, BBVA, Santander, A Caixa e Banco Sabadell”.

Sara Puga, cabeza de lista por A Coruña complementó a intervención de Pastora Fernández de como Recortes Cero-Grupo Verde propón financiar as súas ambiciosas políticas sociais. A formación defende unha reforma fiscal autonómica como unha das principais palancas para redistribuir a riqueza en Galicia. “A nosa reforma fiscal elevaría o tramo autonómico do IRPF a partir das rendas superiores a 150.000 anuais, e o Imposto de Sociedades a bancos e grandes empresas. Queremos que Galicia poida recaudar 5.500 millóns de euros adicionais para financiar os complementos de pensións, para apoiar o investimento produtivo e os plans sociais”, dixo Puga.

Pechou o acto Carlos Vázquez, segundo polas listas de Pontevedra, falando sobre o manifesto de máis de 700 personalidades, profesionais e cidadáns publicado no País o pasado 30 de agosto, coincidindo co debate de investidura. O manifesto, titulado “Por un goberno de progreso, Por un acordo de PSOE, Unidos Podemos e Cidadáns”.?, foi promovido por Recortes Cero xunto a outras organizacións e personalidades progresistas como Esquerda Aberta (encabezada polo ex- coordinador de IU Gaspar Llamazares) e o deputado de Compromís Joan Baldoví, e recolleu firmas tan relevantes como a do xuíz Baltasar Garzón, os músicos Joaquín Sabina ou Miguel Rios, escritores como Juan José Millás ou o pintor Antonio López.