O 19 de Xullo, a partir das 19.30 horas, Recortes Cero-Grupo Verde, fixo unha concentración diante do MARCO, na Rua do Principe en Vigo, reivindicando un Goberno de Progreso, un goberno de PSOE-UP-C¨s, un goerno que conformaría unha maioria , con 188 diputados.
Recortes Cero-Grupo Verde, “A Quinta” forza política a escala nacional non pode nin debe permitir catro anos máis de PP, que trouxo o empobrecimiento e o incremento das desigualdades; o retroceso de importantes conquistas sociais; a perda de liberdades que xa dabamos por consolidadas; o avance da corrupción e a dexeneración da democracia.
Necesitamos outro goberno que revierta os recortes, defenda a sanidade e a educación públicas, os dereitos laborais, a cultura e o medio-ambiente, que protexa aos autónomos e as pymes e cre emprego.
O PSOE, Unidos Podemos e Cidadáns que son as tres opcións nas que de forma maioritaria os españois depositaron a súa confianza para acometer este cambio; poden e deben sentarse a dialogar para acordar uns mínimos que satisfagan as demandas cidadás, formando un goberno que represente a vontade da maioría social.
Non poden, nin deben deixar pasar esa segunda oportunidade, teñen a responsabilidade de evitar catro anos máis do goberno responsable dos maiores recortes da historia da democracia. Un goberno que a maioría rexeitamos.
Só depende da vontade política. PSOE, Unidos Podemos e Cidadáns deben guiarse polos intereses de conxunto da cidadanía por diante de intereses de calquera outra índole, deben primar o fundamental que lles une e apartar as diferenzas de acordo aos intereses da maioría dos españois. Non facelo significaría ir en contra do manifestado dúas veces xa polas urnas.
gobierno progreso, recortes cero
Noticias de última hora en Vigo