Recuperación e posta en valor do lavapes de Saxamonde

Publicado por o día 12/09/2018 na sección de Galicia,Redondela

Recuperación e posta en valor do lavapes de Saxamonde

A Comunidade de Montes de Saxamonde realizaron traballos de posta en valor dun elemento tan importante no Camiño Xacobeo como a lavapés sito na parroquia de Saxamonde. Ata agora atopábase deteriorado, invadido pola maleza e polo elevado número de peregrinos que pasan por este camiño decidiuse recuperalo xa que non dispoñía xa de auga.

A comunidade de Montes realizou traballos de limpeza de maleza, taláronse as árbores que se atopaban enriba da estupenda área de descanso, colocáron carteis para que os peregrinos ciuden o lugar e se deposite o lixo en lugares apropiados… O Concello colaborou con eles na recuperación do lavapés. Agora xa dispón de auga corrente que foi analizada e é potable polo que son centos os peregrinos que para a descansar nesta emblemática e fresca área de descanso, lavan os seus pes cansos do camiño e disfrutan dun fantástico entorno.

“O Camiño de Santiago ten moitos lugares maravillosos ao paso polo noso concello e este é un deles. Agora moitos serán os que paren a descansar e refrescarse nesta área de descanso” Mª José Barciela.

“A Comunidade de Montes fixo un importante esforzo para recuperar este fantástico lugar na parroquia de Saxamonde”.