A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo convoca unha nova concentración para este xoves

Como ven sendo habitual, os últimos xoves de mes, a Rede convoca á concentración
Por o 28/06/2016 | Sección: Protestas,Social,Vigo
A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo convoca unha nova concentración para este xoves

Como ven sendo habitual, os últimos xoves de mes, a Rede convoca á concentración que terá lugar o xoves dia 30 de xuño ás 20h na rúa do Príncipe, diante do Museo de Arte Contemporánea “MARCO”.

A denuncia pública, das 47 mulleres asasinadas e fundamental para a reación da cidadanía sobre as mulleres que están diante do perigo. Sobre todo para que as persoas deixen de censurar ás mulleres cando tardan tanto tempo en reacionar. Teremos que facer un exercicio mental e pensar que non somos tan diferentes como nos parece, di a rede. Que para ser maltratada somentes se ten que cruzar no noso camiño un maltratador, engade a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo.

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo ven a deicr que este ano está sendo un dos peores, todos os días nos atopamos con máis mulleres que se achegan para solucionar o seu problema aínda que as denuncias están baixando, todas e todos sabemos que os motivos son máis ou menos os mesmos: medos, falta de recursos, pouca confianza nas persoas que as atenden e outros moitos motivos que dificultan que a muller denuncie.

A rede espera contar coa cidadania de Vigo e a sua bisbarra, como ven sendo habitual, para a presenza no acto.

ilcanallarubens_Cartaz Concentración Xuño 2016