O caso de Noemi Otero é outro exemplo dun sistema xudicial lento e desporporcionado. Noemí Otero debía ingresar na cárcere despois de 10 anos do procedemento. Está condenada por unha agresión ó home que a maltratou durante 15 anos. Noemí tiña que ingresar no mes de novembro do 2017 para cumplir 4 anos de reclusión, polos mesmos feitos a ex parella de Noemí , que agora está en prisión, por cuarta vez nestes últimos 10 anos por roubo e tráfico de drogas, condenado a seis meses de prisión.
Na actualidade Noemí ten unha vida integrada na sociedade e cun posto de traballo.
Mañá día 24 de xaneiro ás 12 horas farase entrega das sinaturas recollidas e a solicitude do indulto para Noemí na Delegación da Xunta de Galicia de Vigo.
A Rede vai acompañar a Noemí e a súa avogada convocando á concentración que terá lugar diante o edifício da Xunta.
Facemos un chamamento a toda a cidadanía para que acudan e apoien o rexeitamento a esta inxustiza social.
Noticias de última hora en Vigo
Una respuesta para "A Rede vai acompañar a Noemi Otero e a súa avogada convocando á concentración que terá lugar diante o edificio da Xunta"