Redistribución da riqueza por Recortes Cero

Publicado por o día 19/05/2015 na sección de Política,Recortes Cero

Redistribución da riqueza por Recortes Cero

“Só hai dous camiños, ou recortes ou redistribución da riqueza . Necesitamos una alternativa fronte á política de recortes e empobrecimiento do bipartidismo. En Recortes Cero temos esa alternativa: Redistribución da Riqueza. Unha alternativa real, concreta e posible, como demostra o noso programa”

Subir salarios e pensións

1.-Complemento municipal -en coordinación co goberno autonómico que permita elevar todalas pensións ata un mínimo de 1.000 euros.

2.-Exención de impostos e taxas municipais para os pensionistas con menos recursos.

3.-Redistribución salarial no Concello e as empresas municipais. Ninguén por baixo de 1.000 euros netos ao mes, e un tope ao salario máximo de 5.000.

4.-Mesa de Negociación Colectiva municipal con sindicatos, empresarios e Concello para conseguir que ningún salario este por baixo de 1.000 euros.

Plan de Emprego Municipal para acabar co paro financiado con:

1.- Redución dun 10% dos gastos innecesarios, atallando o despilfarro, os privilexios da clase política e a corrupción nos orzamentos municipais.

2.- Negociar coas entidades financeiras do municipio un convenio municipal para a creación dun Fondo especial para o Fomento do emprego, proporcional ao diñeiro público inxectado nelas no rescate bancario.

3.- Auditoría da débeda municipal. Para establecer que parte dela é ilexítima e non debemos pagala.

Moratoria do pago de intereses durante a próxima legislatura.

Plan de urxencia e solidariedade social contra os efectos da crise

1.-Renda básica universal equivalente ao SMI para as familias sen ningún tipo de ingresos.

2.-Prohibición do corte de servizos básicos como luz e auga en fogares sen recursos.

3.-Recuperación da xestión municipal de servizos básicos (auga, lixos, rúas, enerxía…. ) entregados a grandes monopolios, reducindo os custos e as taxas para os cidadáns.

4.-Paralización dos desahucios posta en marcha dun parque público de alugueres sociais coas vivendas baleiras da banca rescatada.

Defensa da sanidade e a educación públicas

1.-Non os peches de ambulatorios, urxencias, camas, especialidades, ambulancias para o desprazamento de enfermos…

2.-Garantindo unha sanidade universal e gratuita para todos. Atención especial para pensionistas, parados… que sofren os copagos ou para os inmigrantes sen tarxeta sanitaria.

3.-Axuda municipal ás familias que sofriron recortes en becas. Plan especial de axudas para os estudantes que non poidan pagar as taxas universitarias.

Reforma dos impostos municipais

Unha fiscalidad municipal progresiva: máis impostos para os bancos e grandes empresas e menos para os cidadáns segundo o nivel de renda… Para financiar a creación de emprego e o plan de urxencia social no municipio.

PRENSA RECORTES CERO VIGO