Redondela acolle a representación da obra teatral ‘ Commedia’

Por o 28/03/2019 | Sección: Galicia,Redondela
Redondela acolle a representación da obra teatral ‘ Commedia’
Compartir en:
O Concello de Redondela, a través da Concellería de Cultura, programa para o próximo día 30 de marzo, sábado, unha auténtica xoia do panorama escénico que celebra 25 anos desde a súa estrea e que Redondela quere poñer en valor facendo posible unha gran representación.
 
A compañía Contra Produccións, tráenos esta proposta, que recolle toda unha tradición teatral galega moi importante e vólvenos a situar no mundo da ilusión e o fantasioso que o teatro pode chegar a ser.
 
Unha produción importante, cun cadro de persoal de actores de primeira liña tal e como hai 25 anos planeouse, excepto un par de incorporacións, e onde segue primando o argumento do enredo romántico, non exento de misterio, crítica, e os personaxes arquetípicos clásicos.
 
Esta obra, estreada en 1993, percorreu prazas en toda España, e tamén teatros de Francia e Portugal. Recolleu moitos premios e segue sendo unha gran proposta para os amantes do teatro.
 
A función será ás 20:00 horas e as entradas xa se atopan á venda ao prezo de 7 e 5 euros, no caso da reducida. Tamén se pode reservar no teléfono: 986 402865.

Comentar noticia

Your email address will not be published.