Redondela acolle a representación de ‘Bernarda’, teatro femenino con tintes reividincativos

Por o 07/03/2019 | Sección: Galicia,Redondela
Redondela acolle a representación de ‘Bernarda’, teatro femenino con tintes reividincativos
Compartir en:

O vindeiro sábado día 9 de marzo, Redondela porá en escea a obra Bernarda, unha adaptación que Malasombra Producciones fai da obra de Federico García Lora, ‘La casa de Bernarda Alba’.

Esta obra, adaptada a unha situación máis actual, recolle todo o dramatismo do texto lorquiano, pero facéndonos presentes en situacións moito máis próximas no espazo e no tempo tempo, cun guion en galego, idioma que Lorca tamén amou e no que escribiu.

A representación conta cunha boa carga de reivindicación da muller, da súa loita antes e agora, e as relacións que dentro dunha familia se establecen arredor dos cambios sociais profundos.

Esta obra prográmase dentro dos actos conmemorativos do 8 de marzo en Redondela, e represéntase a partir das 20.00 horas no Auditorio da Xunqueira, en Redonedela.

Conta cun elenco de grandes actrices galegas da talla de Luisa Merelas, Celia González o Esther Aja. Está dirixida por José Prieto e producida por Xoque Carbajal

É unha obra para adultos e as entradas están xa dispoñibles no mesmo auditorio con prezos de entre 7 e 5€, no caso da reducida.

Comentar noticia

Your email address will not be published.