Redondela: Con Álvaro Bastos e Leticia Nogueira

Publicado por o día 03/11/2019 na sección de Galicia,Redondela,Social

Redondela: Con Álvaro Bastos e Leticia Nogueira

O sábado pasado, o portavoz da plataforma pola loita dunha comisaría local para Redondela reuniuse con Josinho Martínez, director de O Lagarto FM para unha entrevista acerca do desmantelamento da comisaría. Álvaro Bastos, falou unha vez máis sobre a importancia dunha comisaría local onde se poidan ter varios servizos como de “atención aos casos de violencia
de xénero pois é un tema, por desgraza, actual”.

Este conta que tras reunirse con todos os grupos políticos os cales apoiaron a moción presentada pola plataforma “tras pasar os cen días de cortesía pois coincidiu con cambio de goberno o Partido Popular foi o único que seguiu en contacto coa plataforma brindando o seu apoio total e absoluto para mellorar Redondela” e destaca a importancia “das vindeiras eleccións para reverter esta situación”.

A súa compañeira Leticia Nogueira, afirma que “o Partido Popular aposta pola creación unha comisaría local para Redondela tal e como existen en demais municipios con menor número de habitantes”. Nesta entrevista, Leticia recalca o mencionado polo seu compañeiro Álvaro Bastos, sobre a importancia o voto útil de cara este 10-N e recorda os puntos recollidos no programa electoral deste grupo político, “o Partido Popular propón un servizo GAC (grupo de atención ao cidadán), GOPJ (grupo operativo da policía xudicial), ODAC (oficina de denuncias e atención
ao cidadán), unha unidade UFAM (unidade de atención á familia e da atención en casos de violencia de xénero) ademais, de outros servizos cos que debería contar Redondela como un precalabozo para a estancia dos detidos ou un grupo UPC (unidade de protección e control) para a custodia dos detidos e protección das dependencias policiais” unidades básicas nunha comisaría como a que merece Redondela.

Por outro lado, Leticia Nogueira recorda á subdelegada de goberno que “a oficina de Redondela segue sen cumprir cos horarios prometidos así como carecer dunha máquina para a renovación das claves e do D.N.I“. Ademais, tras reunirse con varios axentes que levan anos destinados na Comisaría Vigo – Redondela afirma “moitos policías de escala básica non queren acudir a chamadas en
Redondela pois conta cunha orografía moi complicada e este descoñecemento da zona, supón un gran aumento no tempo de reacción ante o requirimento solicitado; para estes supón un descontento ao non poder realizar de forma efectiva o seu traballo”