Redondela en defensa dos seus dereitos

Publicado por o día 10/10/2019 na sección de Galicia,Redondela

Redondela en defensa dos seus dereitos

Membros da plataforma a favor da comisaría local de Redondela, expresaron nesta mañán de xoves a súa protesta exhibindo unha pancarta reivindicativa pola volta dos seus anxos da garda, eses doce policías uniformados e de proximidade.

Así mesmo, desexan comunicar que seguirán pedindo unha comisaría independente para Redondela a pesar de que “algúns” neguen a súa existencia.

Esta acción reivindicativa levouse a cabo, ás portas do lugar onde se realizou unha comida para homenaxear a M.V.L., xefe superior de Galicia con motivo da súa xubilación; onde aproveitaron para darlle a máis sincera noraboa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.