Redondela firma un acordo de colaboración con ‘Down Vigo’ para acoller a alumnos en prácticas

Unha usuaria da asociación fará efectivo o convenio desenrolando tarefas de ordenanza na Biblioteca Pública Valle Inclán durante un mes.
Publicado por o día 29/03/2019 na sección de Galicia,Redondela

Redondela firma un acordo de colaboración con ‘Down Vigo’ para acoller a alumnos en prácticas

O Concello de Redondela vén de firmar un convenio de colaboración coa entidade ‘Down Vigo’, que ten por obxecto posibilitar que os usuarios de dita asociación realicen prácticas laborais en calquera das dependencias municipais.

Con este acordo, o goberno municipal de Redondela contribúe ás accións de integración que xa se levan a cabo na actualidade dende ‘Down Vigo’. A primeira persoa en beneficiarse deste convenio será Loira Fernández, unha moza con síndrome de Down que desenvolverá prácticas como ordenanza na Biblioteca Pública Valle Inclán durante un mes.

O convenio recolle o compromiso por parte do Concello para que a participante neste programa de inserción realice a aprendizaxe necesaria para acadar o nivel de formación necesario, así como facilitarlle a adquisición das habilidades sociolaborais necesarias.

Os beneficiarios de dito convenio tamén recibirán, en caso de que fose necesario, apoio psicolóxico para afrontar esta nova etapa.

A responsable da Concellería de Servizos Sociais, Carmen Amoedo, destacou “o compromiso do Concello de Redondela cos colectivos sociais, traballando a prol da igualdade de oportunidades”.

Neste senso, o rexedor, Javier Bas, sinalou tamén que “se demostra a capacidade que ten este goberno para traballar por unha inclusión real. “Desde o goberno municipal contribuimos activamente á visiblización, pero a posta en marcha de convenios como este, fan realidade todo o traballo que facemos pola inclusión real”, sentenciou.

Comentar noticia

Your email address will not be published.