A proposta de facer muráis artísticos contra o feísmo non é unha iniciativa nova na vila, así o manifesta o goberno de Redondela. A corporación municipal, encabezada por Javier Bas, mantivo as primeiras xuntazas cos grafiteiros locais en outubro de 2018.
A resposta da corporación dase días despois de que AER, Agrupación de Electores de Redondela, anunciase esta iniciativa como súa. Esta manobra é considerada como un intento de apropiarse desta idea, como ven sendo habitual por parte de AER, sen adicarlle tempo nin traballo á mesma.
O equipo de goberno de Redondela reuniuse o pasado outubro con grafiteiros locais para propoñerlles esta idea que eles tamén compartían.
Tras unha primeira xuntanza propuxéronse varios muros, algúns deles de propiedade privada e outros públicos, que son competencia de Fomento. A solicitude de autorización foi remitida ao Ministerio de Fomento con data 09 de outubro e o Goberno está á espera da autorización que afecta a 4 muros, algúns deles de gran tamaño.
Tamén dende o Goberno se puxeron en contacto con varios particulares aos que se lle presentaron bocetos dos grafiteiros locais e están valorando os diferentes murais suxeridos. Ademais, chegouse a un acordo cos grafiteiros locais para cederlles un muro libre, que é propiedade do Concello, para que eles expresen o seu arte.
Por todo isto, a coporación municipal declara que a Agrupación de Electores de Redondela vai a remolque do goberno, querendo facer súa unha acción que xa saben que ten iniciada o equipo de goberno.
Noticias de última hora en Vigo