Redondela, Nigrán, Gondomar, Baiona e Salceda de Caselas súmanse á Plataforma Polo Comercio Local Non a Porto Cabral

O colectivo reúne xa ao 90% do sector de Vigo e a súa comarca.
Publicado por o día 29/11/2017 na sección de Galicia,Vigo

Redondela, Nigrán, Gondomar, Baiona e Salceda de Caselas súmanse á Plataforma Polo Comercio  Local Non a Porto Cabral

O movemento en contra da instalación en Vigo do macrocentro comercial Porto Cabral crece cada semana. A plataforma creada a inicios de novembro, representando ao comercio de 5 concellos (Vigo, Cangas, Moaña, Bueu e O Porriño), sumou nos últimos días as adhesións dos comerciantes de Redondela (AER), Salceda de Caselas, Nigrán, Baiona e Gondomar, estes tres últimos unidos na asociación OVALMI.

O intento de instalar Porto Cabral suporía un golpe mortal a este sector, coa pérdida estimada duns 6.000 empregos, un problema que afectará a Vigo pero, especialmente, ao pequeno comercio dos concellos limítrofes. Por iso, onte a Plataforma tivo unha reunión na sede dos comerciantes de Redondela, que acaba de sumarse a este movemento, onde deron a benvida as novos colectivos o programaron as accións que se van levar a cabo nas vindeiras semanas.


A recollida de firmas online do portal Change.org, que sigue activa, complementarase co reparto en toda a comarca viguesa de 100.000 dípticos informativos e interactivos, nos que se poderá firmar esta petición dixitalmente mediante un código QR que len os móviles.

En total, este plataforma en defensa do comercio local representa a uns 15.000 comerciantes, ademáis doutras asociacións que tamén amosaron o seu respaldo a esta iniciativa, entre elas, as ecoloxistas e medioambientais, Verdegaia, Amigos da Terra e Asociación Lagares Vivo.

En Vigo, xunto aos colectivos impulsores desta iniciativa, FECOVI, Aetravi (Travesas) e Aceca (O Calvario), están representadas as asociacións de comerciantes de Zona Príncipe, do entorno do Hospital Xeral, Pi y Margal e Navia. A última incorporación foi a Asociación de Comerciantes de Bouzas.

A través desta plataforma queren explicar a súa total oposición ao macroproxecto previsto por Intu Eurofund na zona de Liñeiriños e piden o respaldo das autoridades locais e autonómicas para evitar a desaparición do 25% do comercio de proximidade que existe na actualidad, a todo o sector e a outros vinculados. De feito xa se tiveron as primeiras reunión con dirixentes da Xunta e de varios representantes municipais.

Esta plataforma insiste en denunciar a información interesada e manipulada que se está a dar a cidadanía sobre Porto Cabral, avisar do que sería a destrucción de miles de empregos si este proxecto vai adiante, ademais de ir en contra do modelo de cidade e consumo que o comercio local ven defendendo desde hai anos. Por iso pide as autoridades que non apoien ningún tipo de iniciativa que poda dar luz verde a este proxecto e que se senten cos comerciantes para escoitar a súa opinión neste tema.

O comercio local en Vigo e a súa área da traballo a unas 30.000 persoas, catro veces máis que o traballo directo que xera a fábrica de Citroën en Vigo. O sector supón un peso no PIB provincial do 5,1%. Polo que é un colectivo cun peso específico ao que se debe escoitar.

As principais reivindicacións da Plataforma son:

Pérdida de 6.000 empregos no pequeno comercio en Vigo e área Problema global, non só de Vigo, senón que afectará a uns 20.000 negocios incluindo os concellos do entorno, directamente afectados.

Esta plataforma reúne xa o 90% dun sector que defende que o mellor para o comercio local e impedir a chegada destes megacentros nas aforas da cidade, que desertizarán os nosos barrios e rúas.

Aumentará o uso do vehículo privado, en consecuencia as emisións de CO2, creará máis residuos e un consumo altísimo de enerxía, ademais de destruir 600.000 m2 de monte verde.

Este proxecto non encaixa no modelo de cidade e de consumo que defendemos e que promoven as directivas da Unión Europea.

Relación de adhexións

FECOVI, Federación de Comercio de Vigo
ACECA, Asociación de Comerciantes do Calvario
AETRAVI, Asociación de Comerciante de As Travesas
Comerciantes ZONA PRÍNCIPE
Comerciantes Pi y Margal
Comerciantes Navia
Comerciantes de Bouzas
FECIMO, Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo
ACIPOR, Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño
Asociación Empresarios Redondela
Asociación de Industriais e Comerciantes de Salceda de Caselas
OVALMI (Comerciantes Gondomar, Nigrán, Baiona)
Outros colectivos
Comuneros de Cabral – Opositores a xunta rectora
Red de Asociacións Ecoloxistas A Ría
Empresas de Eco Construcción e Materiais
Outro Vigo é Posible
Amigos da Terra
Verdegaia
Asociación Lagares Vivo