O BNG considera que o Concello de Redondela, está “ocupado” por membros de AER

Publicado por o día 22/09/2019 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela

O BNG considera que o Concello de Redondela, está “ocupado” por membros de AER

A presenza constante de “membros non eleitos” de AER, nas dependencias do concello de Redondela é cuestionada duramente dende a organización nacionalista. Describen algunhas situacions que “recordan máis a tempos pretéritos onde as maiorías absolutas do PSOE, permitiron que persoas alleas á Corporación tiveran unha presenza constante no Concello”.

A presenza na foto oficial de actos organizados polo goberno municipal con motivo do Entroido de Verán; desenvolverse polos diferentes despachos sen ningún tipo de complexo; realizar requerementos a concelleiros ou concelleiras ou incluso a traballadores e traballadoras municipais, creando “situacións incómodas”; ou o manexo da fotocopiadora do Concello en nome da organización, son algún dos feitos protagonizados “por membros de AER que non foron eleitos democráticamente pola veciñanza, mais que se outorgan esta capacidade, nunha clara situación de privilexio respeito ao conxunto da veciñanza”, afirman dende o BNG

O último destes episodios, constitúeo a cesión dunha oficina a AER nas propias dependencias municipais, “atendido por estas persoas que non foron eleitas polos e polas redondeláns”. Recoñecen dende a organización nacionalista o dereito a que os dous concelleiros e a concelleira desta forza, dispoñan de cadanseu despacho, “mais o que nos parece impresentabel, é o feito de que a Agrupación como forza que se presentou ás eleicións municipais, dispoña dunha oficina nunha clara utilización fraudulenta de espazos públicos. Xa denunciamos no mandato anterior unha estratexia similar do PP”, recordan.

Amosan a súa preocupación polo acceso a este despacho, “posto que primeiro cómpre pasar por unha oficina adscrita a Cultura co cal os e as membros de AER, dispoñen das chaves desta porta, nunha situación totalmente irregular”. Tampouco están de acordo en que se lles permita a ningún grupo manter xuntanzas internas polas tardes no Concello, “posto que non hai traballadores e traballadoras municipais que custodien a documentación e ningún deles se vai facer responsábel do que alí suceda”, afirman.

O BNG recoñece o dereito a que os dous concelleiros e a concelleira desta forza, dispoñan de cadanseu despacho, “mais o que nos parece impresentabel, é o feito de que a Agrupación como forza que se presentou ás eleicións municipais, dispoña dunha oficina nunha clara utilización fraudulenta de espazos públicos. Xa denunciamos no mandato anterior unha estratexia similar do PP”, recordan