Redondela prepárase para a XXXIII edición da Festa do Choco

Publicado por o día 08/05/2019 na sección de Galicia,Redondela

Redondela prepárase para a XXXIII edición da Festa do Choco

Esta mañá presentouse a XXXIII edición da Festa do Choco de Redondela, que terá lugar os días 10, 11 e 12 do mes de maio.

A xornada comezaba co agradecemento a aquelas persoas que fundaron a festa que loitaron por exaltar o choco de Redondela. Agradeceuse tamén á Asociación de Empresarios e a todos os hostaleiros da vila a exaltación deste produto.

Como non podía ser doutro xeito, a Cofradía tivo especial mención neste acto, por ser o primeiro eslabón dunha cadea que nos ofrece ano tras ano un produto de alta calidade.

Nesta edición haberá dez postos, e como novidadade participa haberá tamén cervexa artesanal, máis variedade de viño e platos como pan chino de choco, fabas con choco ou fideauá con choco.

O Concello de Redondela, organizador principal deste evento turístico, quere que esta festa sexa “inclusiva”, tal e como sinalaron o alcalde, Javier Bas, e a Concelleira de Eventos, Ángela Antón, e, por iso, contarase cun intérprete en Lingua de Signos para diversos actos da programación.

Outra das novidades deste ano é a presenza de «bloggers», que terán contarán a través das súas redes sociais a súa experiencia nesta festa.

O programa inclúe actuacións diversas, contando sempre coa altísima participación e implicación da xente da vila. Porén, bailarán alumnos das escolas de baile da vila,

teremos actuacións musicais como a Ilidenys, de Chapela, Charo, de Cesantes, Airiños da Peneda, a Orquesta de Saxos, 3.com ou as bandas de musica de Chapela e Redondela entre os máis destacado.

O alcalde, Javier Bas, destacou a implicación da veciñanza con esta celebración, e valorou as propostas que se teñen recibido nos últimos meses para que esta cita cultural e gastronómica siga medrando e siga dando a coñecer o produto gastronómico de Redondela.

“A Festa do Choco está dinamizando a nosa vila nestas datas, e queremos que o choco sexa un turístico para que durante todo o ano a xente poda pasar unha xornada en Redondela disfrutando dos seus encantos turísticos e, por suposto, degustando o choco en calquera das súas variedades”, argumentou o rexedor redondelano.

Comentar noticia

Your email address will not be published.