Redondela promove unha campaña de prevención de ciberacoso en redes sociais a mozas

O Concello impartirá charlas educativas nos centros de secundaria de toda Redondela.
Por o 08/03/2019 | Sección: Galicia,Redondela
Redondela promove unha campaña de prevención de ciberacoso en redes sociais a mozas
Desde o Concello de Redondela, e dentro da liña de acción da campaña transversal Redondela 0,0, promóvese esta campaña informativa e preventiva, que organizou a concellería de Muller e Igualdade, dirixida por Teresa París.
 
Esta campaña, que comezaba hoxe no Instituto de Ensino Secundario I.E. S Illa de San Simón, en Redondela, ideouse para fomentar modelos de relación baseados na igualdade e o respecto, no uso das redes sociais e dispositivos móbiles. É precisamente a través destes dispositivos onde se producen ás veces situacións de abusos e violencia que non son desexables e que deben ser corrixidas canto antes.
 
Para iso deseñouse unha campaña con tres paneis moi actuais, cheos de información e que poden rodearse para visualizar recomendacións e ideas. Está composto por tres figuras de gran tamaño, acompañados de folletos con explicacións e definicións das condutas abusivas, incluso algunhas das que constitúen faltas e delitos. Estes folletos faranse chegar ás familias a través do propio centro.
 
A campaña complétase coas pulseiras de 0,0 Machismos, para fortalecer a idea de que lograr unha sociedade máis xusta é posible.
 
As charlas continuarán no resto de centros de secundaria de Redondela, durante os seguintes meses, e poderán programarse talleres para familias nos centros que así o desexen.
 
O Concello de Redondela valora moi positivamente o achegar este tipo de campañas tan visuais aos centros educativos, xa que alí pasan moitas horas e é onde se xeran moitas das relacións sociais nestas idades.
 
A campaña Redondela 0,0 iniciouse o pasado ano 2018 para sensibilizar sobre a necesidade de implicar ao total da sociedade na eliminación de condutas como o alcoholismo nos mozos, o vandalismo, as condutas machistas, o botellón e os consumos de substancias adictivas.
 
A este respecto, o acalde, Javier Bas, sinalou que desde o Concello preténdese dar continuidade a esta iniciativa de “lecer e diversión sans” e sinalou a importancia de “fomentar hábitos saudables tamén desde as institucións, inculcando o exemplo a través dos valores deportivos, sociais e culturais”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.