Redondela reforza o equipo da Policía Local durante todo o 2019

Únense 6 auxiliares de Policía ás tarefas de control de tráfico, seguridade cidadá e seguridade viaria.
Por o 15/03/2019 | Sección: Galicia,Redondela
Redondela reforza o equipo da Policía Local durante todo o 2019
O Concello de Redondela presentou esta mañá aos seis traballadores que forman parte desde o día 1 de febreiro do equipo de Polícia Local da vila. Trátase dun incremento de persoal que cumprimenta o servizo actual nas tarefas de control de tráfico, seguridade viaria e seguridade cidadá. En concreto, incorporáronse ao persoal 2 mulleres e 4 homes.
 
Este incremento no servizo policial estará activo durante todo o 2019, debido a que, finalizado este primeiro período de contratación, o Concello contratará a outros 6 novos auxiliares para cubrir a segunda metade do ano.
 
No acto de presentación dos axentes estiveron presentes o alcalde de Redondela, Javier Bas, o Concelleiro de Tráfico, Arturo González, Fernando Alfaya, o xefe de Policía Local de Redondela, o oficial de Policía Alberto López e os auxiliares que forman xa parte do equipo de traballo.
 
O concelleiro do ramo, Arturo González, destacou a importancia de contar con esta “axuda extra” especialmente nos meses de verán, onde maior número de visitantes rexistra a vila.
 
Pola súa banda, o alcalde, Javier Bas, quixo lembrar que a contratación destes seis traballadores será de gran axuda para incrementar a seguridade cidadá e benestar dos veciños en todo o municipio.
 
Este grupo de 6 traballadores tamén contará coas novas medidas implantadas en xaneiro de 2019 na Policía Local de Redondela. Cabe lembrar que desde inicios deste ano os axentes contan con chalecos de protección balística personalizados, feitos a medida para cada un deles.

Comentar noticia

Your email address will not be published.