Redondela rinde homenaxe ao Mestre Vide

Por o 15/03/2019 | Sección: Galicia,Redondela
Redondela rinde homenaxe ao Mestre Vide

En Redondela, a 14 de marzo de 2019. O Concello de Redondela presentou onte un dos actos máis importantes da súa carteleira cultural desta tempada: o concerto en homenaxe ao 125 aniversario do nacemento do Mestre Vide.

Na presentación do espectáculo estivo unha das protagonistas e artistas que actuará o vindeiro sábado día 16 de marzo no auditorio de da Xunqueira, a pianista Noemí Salomón. A artista estivo acompañada polo gaiteiro Óscar Ibañez e polo alcalde da vila, Javier Bas, e a concelleira de Turismo e Cultura, Teresa París.

Con este espectáculo, Redondela rende homenaxe á figura do Mestre Vide, que foi un recoñecido autor musical coa súa obra para piano e para voz e piano. De feito, na súa obra amosa un gran oficio na textura pianística e unha gran sensibilidade no material melódico, no que se dan dúas correntes de inspiración: a máis propia da zarzuela e o tipo lied de corte alemán, no repertorio en galego, próximo ás baladas de Montes, Chané ou Baldomir. Da súa obra para piano, despréndese ademais do seu amplo repertorio enxebre, cheo de citas de bailes tradicionais galegos. O autor foi un recoñecido polo seu compromiso co idioma galego e o contido da súa obra musical permitiulle pasar á posteridade como un destacado membro do movemento galeguista

Da man das artistas Anaís Fernández, soprano, Silvana Sestelo na danza e con Noemí Salomón ao piano, coñeceremos o repertorio de tan ben querido artista galego. O concerto terá lugar en Redondela ás 20.00 horas do sábado e as entradas terán un importe de 7 € e 5 € no caso da reducida.

Comentar noticia

Your email address will not be published.