Redondela: Seguridade cidadá en perigo

Publicado por o día 09/09/2019 na sección de Galicia,Redondela

Redondela: Seguridade cidadá en perigo

A plataforma en defensa da permanencia da comisaría da Policía Nacional en Redondela iniciou fai uns meses unha recollida de firmas, enviadas á Dirección Xeral da Policía así como a diferentes dependencias, para reclamar unha policía de proximidade “en un municipio que es el cuarto de la provincia y el décimo quinto a nivel autonómico y en el que hasta la fecha había seguridad gracias al trabajo llevado a cabo por los policías; una presencia que reduciría el tiempo de respuesta” e onde destacan “los últimos acontecimientos vividos en el ayuntamiento durante un sólo fin de semana (la sustracción de dos vehículos, una mujer ahogada, un suicidio, así como otro intento de suicidio), que destrozaron a sus habitantes y en los que la la Policía Nacional tardó 45 minutos en llegar al lugar, algo que no habría sucedido de estar operativa la Comisaría así como sus agentes, que conocían los problemas de estas familias” sinala o seu portavoz, Álvaro Bastos (policía nacional retirado).

Para este colectivo é moi importante que se repoña este servizo retirado o pasado día 9 de maio, onde na actualidade as patrullas que visitan Redondela, descoñecen a orografía a cal, é moi complexa debido á dispersión da poboación. Álvaro Bastos explica que “de momento no hemos obtenido respuesta por lo que estamos coordinándonos con otros ayuntamientos los cuales según fuentes serán posiblemente los siguientes en sufrir estas consecuencias”. Dende a plataforma aseguran que non se está cumprindo o prometido pola Subdelegada de Goberno, polo Comisario en funcións (o quinto en apenas tres años) así como nin polo Comisario Xefe de Operacións, na última reunión. Declaran, que non só se tarda cinco meses en realizar o DNI (en dúas partes) senón que ademais, as dependencias da policía continúan pechadas tanto en horario vespertino como nocturno por falta de persoal, como a pouca presenza de funcionarios uniformados a pé de rúa, pois este só se limitan a cruzar Redondela pasando pola zona denominada “a farola” (case sempre no mesmo horario), facendo crer á cidadanía que o servizo continua a ser o mesmo.

Así mesmo, esta plataforma asegura que “cansados de tanta hipocresía, comenzamos la lucha por una comisaría de distrito debido a que cumplimos todos los requisitos y no abadonaremos esta lucha por las instalaciones que Redondela se merece”.

A plataforma, ademais conta cunha páxina web (www.ktdn.es), cunha páxina de Facebook (comisaría de distrito ya), un Instagram así como un canal de Whatsapp vinculado ao de teléfono 643.31.04.61, e cunha canle de Youtube na que están a traballar, dende onde informarán sobre as diversas áreas relacionadas coa seguridade das persoas así como as súas dúbidas ou acontecementos no concello para demostrar así a seguridade perdida no concello.

Comentar noticia

Your email address will not be published.