A Concellaría de Medio ambiente avisa á veciñanza de corte de luz en diversas rúas por mor do arranxo das instalacións lumínicas.
A causa do paso do temporal Hortensia, o concello de Redondela sufriu diversas roturas e avarías na rede de iluminación pública. Isto deu lugar a deficiencias eléctricas e cortes de luz xeralizados ó longo das 13 parroquias: moitos saltos diferenciales quedaron avariados e isto fixo que moitas das liñas non funcionen.
Dende o Servizo eléctrico municipal avisan que as diferentes actuacións que levarán a cabo para reparar a iluminación pública, ó longo destes días, poden facer que a veciñanza se atope con diferentes situacións: haberá liñas que permanezan apagadas temporalmente para poder levar a cabo a súa reparación ó completo; e haberá liñas que, aínda que se consigan manter levantadas, presenten luminarias avariadas. A prioridade do servizo eléctrico é ofrecer os maiores puntos de luz posibles e compaxinalo co arranxo de liñas enteiras.
O Concelleiro de Medio ambiente, D. Roberto Villar Rodríguez, apunta que “A intención do grupo de traballo do servizo eléctrico é repoñer e arranxar toda-las liñas e as súas luminarias o máis pronto posible; levamos traballando a reo toda a fin de semana neste tema, pero a cantidade de averías e a súa complexidade, fai que teñamos que adoptar medidas diferentes e algo molestas para arranxalas. Estas medidas fará que, durante uns días, a veciñanza note fallos na iluminación pública do noso concello. Lamentamos os problemas que isto poda causar, e agardamos que esta situación dure o menor tempo posible”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.