Redrum Teatro e o Concello de Cangas presentan o espectáculo “A Canción do Elefante” no Auditorio Muncipal

O espectáculo protagonizado por Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez, está dirixido por Alex Sampayo sobre un texto do canadense Nicolás Billon.
Por o 05/04/2018 | Sección: Cangas,Galicia
Redrum Teatro e o Concello de Cangas presentan o espectáculo “A Canción do Elefante” no Auditorio Muncipal

Este sábado 7 de abril, o Auditorio Muncipal de Cangas acollerá, a partir das 21:00 h, unha representación de “A Canción do Elefante”, o novo espectáculo da compañía Redrum Teatro.

Producido co apoio da Xunta de Galicia, “A Canción do Elefante” é un apaixonante thriller psicolóxico protagonizado polos actores Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez, caras ben recoñecibles polo público gallego polos seus traballos no teatro e tamén en series míticas da TVG como “Pratos Combinados” ou “Padre Casares”.

Un psiquiatra desaparece da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer.

A dirección vai a cargo de Alex Sampayo, director tamén coñecido polo seu traballo no sector audiovisual, no que dirixiu series como “El Internado” ou “Padre Casares”. Neste momento vén de presentar en varios festivais de todo o mundo a súa ópera prima “Schimbare”, unha longametraxe protagonizada por Candela Peña e Luis Zahera.

Trátase da oitava produción de Redrum Teatro, unha compañía fundada en 2009 que levou aos escenarios a obra de suspense “A Pensión”, protagonizada por Rosa Álvarez; os espectáculos familiares “Moito Conto”, “Roedores” e “A Nena Que Quería Navegar” así como as comedias “Curriculum Vitae”, “Amor Flexible” e “Noiteboa”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.