Reforzaran as viaxes Cangas-Vigo do día 24 de novembro co motivo do encendido do Nadal

A partir das 16.00 horas da tarde, a naviera realizará viaxes cada media hora e ata a finalización do servizo
Publicado por o día 19/11/2018 na sección de Galicia,Vigo

Reforzaran as viaxes Cangas-Vigo do día 24 de novembro co motivo do encendido do Nadal
Con motivo do aceso do Nadal de Vigo que terá lugar o vindeiro sábado 24 de novembro ás 20.00 horas, a Naviera Mar de Ons reforzará o servizo Cangas – Vigo para facilitar os desprazamentos dos usuarios co obxectivo de que poidan gozar dun momento tan especial para a cidade e os municipios da contorna.
 
Neste sentido, Mar de Ons reforzará o servizo a partir das 16.00 horas con viaxes cada media hora desde o porto de Cangas e ata a finalización do servizo, sendo a última saída desde a cidade de Vigo ás 22:30 hrs.
 
A naviera non descarta reforzar o servizo durante as fins de semana de decembro, en función da demanda do mesmo xeito que xa se fixo noutras ocasións, para que, ademais de poder gozar da decoración do Nadal, os usuarios poidan realizar as compras de Nadal máis comodamente nos comercios de ambos os lados da ría.