Reforzo da limpeza e recollida do lixo no ámbito dos cemiterios do concello

Dende a pasada semana estanse facendo traballos de roza, limpeza e vaciado de colectores nos camposantos de todo o municipio para que estean en bo uso de cara o venres, 1 de novembro.
Publicado por o día 29/10/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Reforzo da limpeza e recollida do lixo no ámbito dos cemiterios do concello

Con motivo da celebración do día de Todos os Santos, o vindeiro venres, 1 de novembro, a Concellaría de Xestión dos residuos urbanos e de limpeza viaria, que xestiona Raimundo González Carballo está a realizar limpezas xerais en todos os ámbitos dos cemiterios do concello, sexan ou non municipais, para que se atopen en perfectas condicións de cara ao 1 de novembro.

Nestes camposantos a concesionaria de limpeza, Ferrovial, está a realizar rozas, limpezas e aumentar a flota de colectores nos lugares onde sexa necesario porque é coñecido que o lixo nos cemiterios do municipio incrementa nestas vésperas de Todos os Santos, porque os veciños queren ter en perfecto estados os seus panteóns ou nichos.

Ademais está previsto que nesta semana o servizo de recollida de lixo reforce as quendas nas contornas dos cemiterios municipais, e de ser preciso recollerase o lixo varias veces ao día.

Comentar noticia

Your email address will not be published.