Regades destaca que o WCCV representará a tecnoloxía e innovación do Polo de Automoción e rexenerará o Lagares

Por o 09/01/2019 | Sección: Galicia,Vigo
Regades destaca que o WCCV representará a tecnoloxía e innovación do Polo de Automoción e rexenerará o Lagares
O delegado de Zona Franca alentou onte aos representantes dos 16 estudos de arquitectura que quedaron finalistas no concurso para o deseño World Car Center para que deseñen “un edificio que sexa a mellor carta de presentación do Polo de Automoción de Vigo, que mostre internacionalmente as capacidades tecnolóxicas e innovadoras do sector ao tempo de ser un exemplo de sustentabilidade e unha oportunidade que devolva ao río Lagares a súa presenza na vida da cidade”
 
David Regades e o director de Obras, José Ramón Torres, explicaron aos arquitectos as características deste complexo composto por dous bloques de nova construción unidos a través de catro plantas dun edificio preexistente que se levantará na avenida Portanet. Segundo os prazos marcados por Regades, agora o equipos finalistas terán que presentar os seus anteproxectos a primeiros de abril para que os membros do xurado, no que colabora o Colexios de Arquitectos, decida nun prazo máximo de corenta días quen será o estudo gañador. A partir desa data, a firma gañadora terá sete meses para executar o proxecto construtivo.
 
Zona Franca destinou a este proxecto 14 millóns de euros para poder acometer coa máxima calidade un centro de 14.000 metros cadrados que albergue un hall- showroom que xa revele a potencia da nosa industria automobilística; a Universidade corporativa de CEAGA, a High Tech Auto que será a primeira incubadora de alta tecnoloxía de Galicia de fomento da innovación e transferencia da tecnoloxía a micropemes da automoción financiada ao 80% con fondos FEDER; a aceleradora de start- ups da automoción, a Business Factory Auto ( BFA) que se trasladará aquí as súas instalacións desde Porto do Molle para ter espazos adecuados aos seus dous niveis a BFA aceleración e a BFA Consolidación; 1.500 metros para instalacións do CTAG, e unha auténtica smart- factory onde as empresas poderán comprobar os seus procesos a escala real; unha sala de xestión e unha cafetería-restaurante que actúe como espazo de encontro e reunión.
 
Dos 16 finalistas hoxe coñeceuse a renuncia á súa participación, por exceso de traballo, da firma Aranguren e Galegos. Seguen pois en liza o seguintes quince prestixiosos estudos:
DOMINIQUE PERRAULT ARCHITECTURE

GUILLERMO VÁZQUEZ CONSUEGRA ARQUITECTO, S.L.P.

IRISARRI-PIÑERA, S.L.N.E.P.

MANGADO Y ASOCIADOS, S.L.

NIETO SOBEJANO ARQUITECTOS, S.L.P.

ARROYO MUÑOZ EDUARDO

PAREDES PEDROSA ARQUITECTOS, S.L.P.

SANCHO-MADRIDEJOS ARCHITECTURE OFFICE, S.L.P.

TUÑON ARQUITECTOS, S.L.P.

U.T.E. CESAR PORTELA, S.L.P. – REBOREDA MARTÍNEZ ANTONIO, SLNE – JORGE SALGADO CORTIZAS – CELSO LÓPEZ MARTIN

U.T.E. VICTORIA ACEBO GARCÍA / ANGEL ALONSO ORTÍZ

U.T.E. ESTEBAN BONELL / JOSÉ MANUEL CASABELLA / JOSÉ MARIA GIL / JOSÉ LUIS MARTÍNEZ

U.T.E. VIER ARQUITECTOS, S.L.P / TEMHA, S.L.

U.T.E.  MTM ARQUITECTOS, S.L.P. / NODO 17 GROUP, S.L.P.

VAÍLLO IRIGARAY Y ASOCIADOS, S.L.P

Comentar noticia

Your email address will not be published.