Analizar as posibilidades que se abren no concello do Porriño para localizar novos chans industriais para a implantación de empresas foi o centro da reunión mantida esta mañá entre a alcaldesa, Eva García de la Torre e o delegado, David Regades nas oficinas da Zona Franca. Pola relevancia do tema, tamén se incorporaron á conversación a directora de Promoción Económica do Consorcio, Rosa Eguizábal, o presidente da entidade urbanística da Granxa, Indalecio Cuevas e o xerente da mesma entidade, David Sobral. Todos estiveron de acordo en que no Porriño pódense atopar espazos adecuados para urbanizar e acoller sectores que dean servizos a toda a comarca viguesa.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.