Regades visita as instalacións de Vendisfrig na Zona Franca en Bouzas

Publicado por o día 09/05/2019 na sección de Galicia,Vigo

Regades visita as instalacións de Vendisfrig na Zona Franca en Bouzas

Cumprindo co compromiso de coñecer persoalmente a cada unha das empresas instaladas nos Parques Empresariais que rexenta a Zona Franca, David Regades visitou, esta mañá, as instalacións que a empresa Vendisfrig, S.L ten no recinto franco de Bouzas.
 
Vendisfrig, s.l. é unha empresa viguesa que nace no ano 2005 da man dun grupo de profesionais con ampla experiencia no sector cárnico que se dedica á selección, comercialización e distribución de alimentos de alta calidade para a hostalería.
 
Durante o percorrido polas súas instalacións, José Ángel Barreiro e Eduardo Varela, socios fundadores, explicaron como leva a cabo o proceso de selección e comercialización do produto; así como a nova aplicación que poñen ao dispor do cliente na que poden xestionar, a través de cada conta vinculada, os seus pedidos, consultar históricos, ver ofertas, e como, a través dun código QR, pódese visualizar automaticamente no noso teléfono os datos de identificación e trazabilidad do produto.
 
En pleno proceso de expansión, trasladáronlle ao Delegado a urxente necesidade de espazo xa que as naves que ocupan na actualidade, de máis de 500 m2 quedáronselle pequenas.
 
Regades, pola súa banda, felicitou a ambos os directivos pola súa excelente xestión, valorou moi positivamente o crecemento desta empresa viguesa que desde a súa instalación na Zona Franca ha seguido avanzando, e comprometeuse a buscar solucións para que a falta de espazo non sexa un impedimento para que poidan seguir crecendo.