Unha das grandes empresas instaladas na Zona Franca, Vodafone, emprega xa en Bouzas a case 200 persoas. O director territorial, Juan Antonio Gomara, e o director de contas, Jesús Sueiro, comentaron co Delegado os esforzos que está a facer a compañía por dar cobertura a todo o territorio de Galicia, lembrando que “con conexións inalámbricas pódese dar un moi bo servizo e non só hai que apostar pola fibra óptica”. Esta conversación produciuse durante a visita que esta mañá David Regades realizou ás oficinas situadas nunha das naves do recinto franco, co que se vai cumprindo o seu compromiso de coñecer persoalmente a cada unha das empresas instaladas nos Parques Empresariais que rexenta o Consorcio.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.