Reggae e Cultura, na eurorexion do Minho!

Hai Sete anos pediron apoio en varios concellos e institucions culturais galegas, para a realizacion do minho reggae sunsplash na Galiza, tamen fixeron a proposta na beira portuguesa do miño, e atoparon o apoio da Cámara de Vila Nova de Cerveira.

Hoxe en día a asociación cultural Minho Reggae organiza en Goian, Tomiño, Pontevedra, co apoio do Concello de Tomiño, xunto co apoio da Camara Municipal de Vilanova de Cerveira, un dos festivais de reggae con mais relevancia do Sur de Galicia e o Norte de Portugal.

A idea orixinaria era facer un festival transfronterizo, con sede en diferentes concellos miñotos, dous dias de festival nas duas beiras do rio minho. Revindicando o respeito a natureza, a cultura galego portuguesa, e a Eurorexion.

En menos dunha semana a coñecida Asociacion Cultural Minho Reggae, volverá facer un tributo ás músicas xamaicanas grazas a sua Festa do 7º Aniversario en Vigo, (Venres 3 Xaneiro, na Festa de los Maniquies, 23:00h) que por oitavo ano consecutivo continúan difundindo a música reggae con artistas internacionais e a cultura da solidariedade, a ecoloxía e a fusión entre os pobos.

Comezaron en 2010, un grupo de amigos pertencentes a distintas bandas da escea galega e con experiencia na comunicación, promoción e producción de eventos musicais e deportivos. Decidiron que xa era tempo de ampliar o abano da música e eventos en Galicia e no país veciño e crearon a asociación, coa que levan organizando ducias de eventos musicais todo o ano con artistas internacionais, brasileiros, galegos, portugueses, que van máis alá dunha cita anual.

Mentres moitos festivais poñen fin a súa andaina por falta de apoio institucional, o Minho Reggae, xoga neste caso con a vantaxe de que apostaron dende os inicios pola autoxestión, por consideralo o xeito máis adecuado para crear un evento independente, que se afastase do comercial e apostase pola calidade dos artistas. Sete anos despois manteñen este modelo, sustentándose no apoio do Concello de Vigo, da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira e o Concello de Tomiño, pequenos patrocinios, socios, e o apoio do publico en eventos que organizan ao longo de todo o ano.

Deste xeito, este colectivo galego, consegue pór en marcha uns eventos que en cada unha das novas edicións crece non só en público senón tamén en programación; … concertos, actividades de circo, deportivas, danza e percusión, …

A idea foi crear un evento transfronteirizo entre Vila Nova de Cerveira e a vila galega de Goian, en Tomiño, ambas unidas pola ponte internacional da Amizade. confían en que ao igual que os centos de portugueses que cada ano cruzan a fronteira para gozar deste festival, tamén as administracións galegas rematen apoiando un evento que ademais de dar a coñecer o reggae pretende fomentar a interrelación entre as dúas marxes do Miño.

O obxectivo principal segue sendo difundir un estilo minoritario pero que cada vez conta con maior difusión como é o reggae, e para iso nada mellor que escoitar aos que levan máis de tres décadas dedicándose a isto como é o caso dos artistas xamaicanos que teñen pasado polo festival, pero tamén as novas tendencias que están xurdindo en distintas partes do mundo como o espectáculos das bandas brasileiras, españolas e portuguesas que visitannos cada ano. Tamén a representación galega está sempre presente no festivais que organiza.

Noticias de última hora en Vigo

eurexionminho reggaenorte portugalTuivila nova cerveira

SIGUENOS EN TELEGRAM