Reiniciase o cómputo dos prazos para a presentación de solicitudes de cinco liñas de axudas de rehabilitación e fomento da vivenda en alugueiro

Só afecta a aquelas ordes de axudas que estaban convocadas e cuxo prazo inicial de presentación de solicitudes rematou durante o Estado de alarma
Publicado por o día 20/05/2020 na sección de Xunta de Galicia,Galicia

A partir de mañá reiniciase o prazo para a presentación de solicitudes de axudas destinadas a actuacións de rehabilitación e ao fomento da vivenda en alugueiro, tal como establece a Resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia.

Os prazos de todas as axudas que estaban convocadas foron suspendidos o pasado mes de marzo como consecuencia do Estado de alarma, pola epidemia de Covid-19, e agora reinícianse para aquelas que contribúen á reactivación progresiva da actividade económica e son indispensables para a protección do interese xeral.

As liñas de axudas afectadas son as que xa estaban convocadas e o prazo de presentación de solicitudes rematou durante o estado de alarma. Así, reiníciase o prazo de presentación de solicitudes e de tramitación das seguintes subvencións:

Non obstante, as restantes liñas de axudas convocadas polo IGVS, cuxos prazos de presentación de solicitudes rematan a partir do mes de setembro, non se viron afectadas pola suspensión dos prazos, polo que se poden solicitar ata a data prevista na convocatoria. Concretamente, son as seguintes: