Reinicio progresivo e seguro na planta de PSA Vigo, nun contexto de continuación das actividades comerciais

Medidas de saúde reforzadas, compartidas cos interlocutores sociais e despregadas antes de calquera reinicio de actividade.
Publicado por o día 11/05/2020 na sección de Coronavirus,Empresas,Galicia,Vigo

Reinicio progresivo e seguro na planta de PSA Vigo, nun contexto de continuación das actividades comerciais

“Protexer aos nosos empregados e protexer á nosa compañía seguen sendo os dous principios intanxibles para a xestión das nosas operacións. O noso protocolo de medidas melloradas ofrece un alto nivel de protección aos nosos empregados e é o primeiro criterio para reiniciar os nosos centros de produción. Como a actividade industrial está impulsada pola actividade comercial, que é o noso segundo criterio, estamos a relanzar de forma gradual e segura o noso dispositivo industrial para fabricar os automóbiles que esperan os nosos clientes. Estes dous criterios guiarán as nosas decisións para as próximas semanas e meses”, indica Yann Vincent, Director Industrial de Groupe PSA.

“Desde o peche do noso Centro, implementamos un protocolo de saúde reforzado no noso emprazamento industrial co apoio do noso servizo de saúde e en estreita colaboración cos nosos interlocutores sociais. Grazas a este esforzo colectivo, validado pola auditoría que tivo lugar o 13 de abril, podemos renovar con tranquilidade a actividade nas nosas dúas liñas a partir do 11 de maio, de maneira progresiva e segura“, indica Ignacio Bueno, Director do Centro de Vigo.

Desde o comezo da crise sanitaria de Covid-19, a prioridade de Groupe PSA foi protexer a saúde dos seus empregados e garantir a sustentabilidade do negocio. Durante o peche das súas actividades de produción, Groupe PSA implementou un protocolo de medidas sanitarias reforzadas, adaptado ao contexto de cada emprazamento industrial, comercial, terciario e de I+D. Creado cos servizos de saúde, este protocolo foi amplamente compartido coas organizacións sindicais máis representativas e foi obxecto de auditorías sistemáticas. Ademais, haberá equipos que serán responsables de verificar diariamente a aplicación das medidas e elementos de barreira no centro, así como de implementar accións correctivas se é necesario.

Neste contexto, a data establecida para a volta ao traballo na fábrica de Vigo foi hoxe, día 11 de maio, cando se comezarán a preparar as instalacións co obxectivo de que todas as liñas e talleres estean en funcionamento este mércores, día 13.

O reinicio gradual e seguro da produción terá lugar nas próximas semanas cunha primeira onda de reapertura parcial da actividade industrial do Grupo, tendo en conta o contexto comercial ( desconfinamiento, reapertura de concesións e situación comercial de cada modelo) e a normalización gradual dos fluxos de subministración de compoñentes.

Con este enfoque progresivo e responsable, o Grupo actúa sen ningún compromiso para protexer aos seus empregados e clientes, á vez que garante a sustentabilidade da empresa.

MEDIDAS DE SEGURIDADE

O plan de prevención tamén garante que se realizará un control de temperatura no acceso ás fábricas e recomenda priorizar a utilización do transporte individual. Ademais, compromete a subministración individual de máscaras e xel hidroalcohólico, así como a limpeza “frecuente” de ferramentas e outros útiles de traballo.

Tamén se deberán manter as portas dos centros abertas para evitar o contacto cos pomos por parte dos traballadores e estableceranse marcas no chan para facilitar o mantemento da distancia de seguridade. Adicionalmente, os empregados deberán utilizar lentes e máscaras e atrasarase nunha hora a entrada das quendas.

Así mesmo, a empresa asegurou que o reinicio da actividade produtiva realizarase de modo “seguro”. Sobre ese punto, avanzou que se contará con equipos que verificarán a diario a aplicación das medidas e elementos de barreira no centro, ademais de poñer en marcha acciones correctivas se resulta necesario.

Este plan foi avalado polo sindicato maioritario, SIT, e UXT e rexeitado por CC. OO., CIG e CUT o pasado mes. Ademais, os portavoces de UXT e CUT advertiron de que se controlará o seu cumprimento, mentres a CIG considerou insuficientes as medidas de seguridade establecidas e criticou a “falta de información” facilitada sobre o proceso de continuación dos traballos.

OBRIGAS DO GRUPO AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS

Utilizar sempre que sexa posible o transporte individual. Para viaxes compartidas e transporte público, provisión de máscaras e regras de ocupación predefinidas (colocación graduada desde a parte traseira do autobús).

Control de temperatura na entrada ao Centro, ademais do autocontrol dos síntomas.

Subministración individual de máscaras e xel hidroalcohólico.

Usar lentes e máscarillas no Centro.

Respectar a distancia entre as persoas en todo o Centro, incluídas as áreas de descanso, áreas para fumadores con marcas no chan.

Manter as portas abertas (excepto as portas contra incendios) para evitar o contacto cos pomos.

Limpeza frecuente de ferramentas e superficies de traballo.

Tempo de espera durante calquera intercambio de pezas non preparadas na contorna Groupe PSA.

Axuste de rotacións entre equipos de traballo para evitar cruces.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.