Remata o prazo de presentación de candidaturas para a Gala do Deporte de 2019

A Gala celebrase o 13 de abril ás 21.00 horas no pavillón do Monte da Vila.
Publicado por o día 28/02/2019 na sección de Galicia,O Grove

Remata o prazo de presentación de candidaturas para a  Gala do Deporte de 2019

O Concello do Grove informa de que mañá, xoves 28 de febreiro, remata o prazo de presentación de candidaturas para a Gala do Deporte 2019. Deben presentarse propostas de deportistas do Grove con logros durante a temporada 2017-2018 nas categorías recollidas máis abaixo, ou nalgunha outra disciplina que poida ter tido relevancia durante o período indicado. As propostas recóllense no rexistro municipal.

1. Mellor deportista feminina.

2. Mellor deportista masculino.

3. Mellor deportista feminina promesa.

4. Mellor deportista masculino promesa.

5. Mellor equipo feminino.

6. Mellor equipo masculino.

7. Mellor evento deportivo.

8. Mellor labor de base.

9. Mellor adestrador/a.

10. Mellor club.

11. Mellor deportista de atletismo.

12. Mellor deportista de balonmán.

13. Mellor deportista de baloncesto.

14. Mellor deportista de ciclismo.

15. Mellor deportista de fútbol.

16. Mellor deportista de fútbol gaélico.

17. Mellor deportista de pesca.

18. Mellor deportista de piragüismo.

19. Mellor deportista de remo.

20. Mellor deportista de ximnasia rítmica.

21. Mellor deportista de xadrez.

22. Mellor deportista de hípica.

Comentar noticia

Your email address will not be published.