Remata o prazo de presentación de Imaxes para o II Concurso Fotográfico de Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa que o próximo domingo, día 18 de febreiro ás 24:00 horas, remata o prazo de presentación de imaxes para o II Concurso Fotográfico Concello de Ribadumia
Publicado por o día 16/02/2018 na sección de Galicia

Remata o prazo de presentación de Imaxes para o II Concurso Fotográfico de Ribadumia

Ao certame, que se celebra por segundo ano consecutivo, poden presentarse todas aquelas persoas maiores de 16 anos que o desexen, enviando as súas propostas á dirección de correo electrónico [email protected], xunto cos seus datos persoais.

Novamente, os participantes deberán realizar a súa imaxe tendo en conta a temática proposta: a Camelia, como ben e recurso turístico. As fotografías poderán ser tomadas dende calquera dispositivo, sempre que cumpran os criterios de resolución establecidos nas bases do concurso, ás que se pode acceder dende a plataforma electrónica do Concello de Ribadumia.

As instantáneas presentadas estarán expostas ao público no Auditorio Municipal de Ribadumia, así como na web do Concello e nas redes sociais oficiais. Tralo período de exhibición pública, o xurado, composto por representantes do Concello, membros da asociación de fotografía Ollares de Portonovo, expertos na camelia  e un representante do pazo Quinteiro da Cruz, elixira ao gañador e ao subcampión do certame. O primeiro clasificado desfrutará dun vale de 50 euros, mentres que quen acade o segundo lugar recibirá un curso de fotografía valorado en 40 euros.